14 de xuño de 2017

A Ruta da auga na Coruña

A auga é un dos principais recursos para a vida e o seu abastecemento e uso é vital para o funcionamento de calquera fogar, industria ou servizo.
O circuíto xeral da auga nunha cidade desenvólvese desde a súa captación ata a súa depuración final antes de ser vertida, pasando pola súa canalización, potabilización, distribución, etc. De forma habitual os usuarios obviamos este proceso e apenas prestamos atención a todo este ciclo, agás cando carecemos de auga. 
Como utilizamos este recurso? 
Que consecuencias se producen coas nosas actitudes?
OBXECTIVOS DO PROGRAMA:
  • Recoñecer e valorar a importancia da auga como un recurso imprescindible, tanto a escala vital como no sistema urbano actual.
  • Orientar as actitudes do uso da auga cara a outras que fomenten o aforro, o seu uso máis racional e ecolóxico.
  • Investigar, seguir e recoñecer a ruta que segue a auga que se utiliza na cidade, desde a súa captación ata a súa devolución ao ciclo natural.
DESCRICIÓN:
O Programa desenvólvese en 2 sesións diferentes. 
A primeira tivémola hoxe, primeiro vimos unha proxeción comentada con coloquio sobre a visita que teremos este próximo venres: 
 "De expedición polo río Mero". 

E a continuación realizamos un xogo con catro grupos onde ademáis de divertirnos lembramos o aprendido no audiovisual.

Pasámolo moi ben, aprender é divertido!

Lembrade o que vos dixo a monitora:
  • Roupa cómoda
  • Gorra/visera
  • Zapato cómodo e para a auga (imos pasear todo o tempo por zonas húmedas)
  • Se fai sol (poñer protección solar antes de sair da casa)
  • Merenda cómoda e auga.
  • Lixeir@s (sen nada nas mans)
  • Moi atent@s e coas orellas moi abertas😇